Datos do libro

ENCICLOPEDIA PERPLEXIDADE
ANTÓN REIXA

  • Editora FAKTORIA K
  • Materia <Genérica>
  • Colección RIZOMAS(GALEGO)
  • EAN 9788419213501
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 176
  • Tamaño 235x150x11 mm.
  • Peso 332 gr.
  • Data de lanzamento: 07/06/2024
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 18,00€

Sinopse

Unha obra para achegarse ao universo creativo dunha das fifiguras
máis destacadas e polifacéticas da cultura galega contemporánea.
Tras “Melancoholemia. Vida de mamarracho”, Antón Reixa regresa á colección
Rizomas con “Enciclopedia perplexidade”, unha antoloxía dos seus poemarios
publicados entre 1976 e 2023: “Crebade as liras”, “Silabario da turbina”
e “A dama que fala” -ambos co colectivo Rompente-, “As ladillas do travesti”,
“Historia do rock and roll”, “Transporte de superficie”, “Ringo Rango”,
“Escarnio”, “Látego de algas”, “Leccións de cousas”, “Algo raro pasa raro”,
“Michigan, acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma”, “Outlet” ou o recente
“2ª man”.
No prólogo da obra, o profesor e escritor Xabier Cordal afirma que de entre
todas as facetas creativas na traxectoria de Reixa -cine, televisión, radio,
música, videoarte, performance…- a poesía ocupa o primeiro lugar.
A perplexidade sobre o mundo e sobre a vida, “unha forma intelixente de
escenificar o caos” segundo o autor, son unha constante nunha obra que
abarca unha ampla temática: a estrañeza do cotián, as fraudes do idealismo,
o inconsciente, a decadencia, o desexo e o tabú, a depredación capitalista, a
violencia colonial en Galicia e noutros pobos…

Libros de interés da mesma colección
A CAZA DO TIBURENTE
14,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos