Datos do libro

REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA
AA.VV.

  • Editora KALANDRAKA
  • Materia DIVULGACION E ENSAIO
  • Colección BIBLIOTECA DE PEDAGOXIA
  • EAN 9788413433257
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 336
  • Tamaño 215x150x25 mm.
  • Peso 595 gr.
  • Data de lanzamento: 04/11/2024
  • Idioma: Español
Imp.incluídos 22,00€

Sinopse

Realidades e horizontes da educación en Galicia quere ofrecer unha mirada panorámica sobre cuestións fundamentais do desenvolvemento educativo en Galicia. Cuestións abordadas, porén, con algunha profundidade e de xeito especializado. Quere ser tamén unha homenaxe á traxectoria docente e investigadora do profesor Antón Costa Rico, quen ao longo de máis de catro décadas asumiu un relevante papel na docencia universitaria e na xestión institucional: a presidencia de Nova Escola Galega (NEG), a dirección do Instituto de Ciencias da Educación da USC, o decanato da Facultade de Ciencias da Educación (USC), a presidencia da Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE) ou, máis recentemente, a dirección da colección Biblioteca de Pedagoxía de Kalandraka Editora.
Sempre atento ás obrigas contraídas cos estudantes e colegas, estendeu o seu maxisterio a diferentes áreas, entre as que cabe destacar a das políticas educativas, a metodoloxía historiográfica ou o coñecemento dos clásicos e modernos do pensamento pedagóxico, contribuíndo a tecer redes que deron pulo á renovación educativa, ao coidado e protección do patrimonio educativo e ao cultivo da lingua galega. 
Neste libro-homenaxe proxéctanse os testemuños –reconvertidos en temas, reflexións e propostas– dun amplo e diversificado conxunto de docentes, investigadores e especialistas con traxectorias diversas, representativas de distintas sensibilidades e pareceres, que –dun xeito ou doutro– mantiveron ou manteñen relacións de amizade e aprecio con Antón Costa.

Libros de interés da mesma colección
A CIDADE DOS NENOS
20,00€ %
EDUCACION PARA UN MUNDO NOVO
14,00€ %
CANDO OS NENOS DIN BASTA!
20,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
PUER POETICUS
16,00€ %
COMENZAR POR EL NIÑO
19,00€ %