Opcións
Sinopse
Lucía, Manuela, Candea, Lidia e Alicia son as protagonistas desta historia sobre acoso escolar no que cada unha se verá implicada de forma diferente e que lles suporá tamén consecuencias distintas.
Con sensibilidade, empatía e algunha dose de humor, coa voz dunha rapaza de doce anos, a autora constrúe un relato que apela á reflexión e ao diálogo sobre unha forma de abuso, sísico ou psicoloóxico, cuxas graves secuelas acompañan para sempre as vítimas e os agresores.
A historia, ambientada na Costa da Morte, interpélanos a toda a sociedade, pois bebe dunha realidade que padecen en silencio moitos nenos e nenas e que a miúdo non somos quen de considerar. Porén, malia a súa crueza, a súa lectura deixaranos unha pegada positiva.