Opcións
Sinopse
Este libro é o compañeiro canino de GATO CONO.
Un día, Emma sae do veterinario cunha pantalla de plástico xigante na cabeza. Este armatroste impídelle xirar, cavar e fai que Garson, o galgo, queda apampado. Unha cousa está clara: o cono non é bo e o único que queda por facer é enfadarse.
Cando o humano que vive con Emma tenta animala cun xogo de buscar a pelota, Emma descubre que o cono atrapa milagrosamente todas as pelotas. Emma decátase de que o cono tamén ten outrras vantaxes sorprendentes, desde servirlle como casco durante os seus saltos no corredor ata axudarlle a cavar ao triple de velocidade. O mellor de todo é que o cono xoga un papel fundamental no plan mestre de Emma para asustar ao esvaradío esquío do barrio, Keith.
Finalmente, o cono desaparece, e Emma queda libre, pero a importante lección que aprendeu os seus días co cono permanece: con ou sen cono, é o espírito inventivo de Emma o que a converte nunha cadela única e especial. Esta nova e divertida continuación de GATO CONO é unha deliciosa oda ao enxeño e a sacarmos o mellor dunha situación moi canplicada.