Opcións
Sinopse
Tras quedar orfa sen recursos aos dezaoito anos, Letty Mason ten que abandonar o seu cómodo fogar en Virxinia para se instalar no rancho do seu primo Beverly, o seu único parente, en Sweetwater (Texas). No tren de camiño á súa nova residencia, coñece a Wirt Roddy, un peculiar personaxe que lle desancosella o lugar.
Letty trata de enfrontarse a este cambio con optimismo, pero a árida Texas non é acolledora con ela. Continuamente azoutada por un vento implacable e abafada por unha seca que parece non ter fin, Letty vive unha desigual loita coa natureza e co destino que a empurra ao abismo.