Opcións
Sinopse
Estamos ante un poemario no que a inextingíbel curiosidade do autor de A proporción dourada volve para ser compartida desde unha anovada arela polo sentido último das cousas. Arela que desta volta parte dunha confesa melancolía, trazada por fúlxidas lembranzas das súas vivencias no mundo rural, e como partícipe dunha colectividade, a cal devala un prol doutra cada vez máis urbana e cruelmente tecno-masificada.