Opcións
Sinopse
Despois da misteriosa procura da tumba de Breogán o Antón Dedo d'Ouro volve á aventura a carón do seu amigo Eduardo Pondal.
A poeta Rosalía de Castro encomenda ao bandoleiro Antón Dedo D'Ouro a misión de atopar ao desaparecido Eduardo Pondal. Xunto a unha moza moi nova, pero decidida, Sofía Casanova, Antón mergúllase nunha aldea onde antigos cultos serpentinos, conspiracións relixiosas e segredos soterrados ameazan con espertar un mal milenario. Nesta obra que amplia o universo de ficción creado en "A tumba de Breogán", Antón Dedo D'Ouro vivirá outra emocionante peripecia no corazón da Galicia do Rexurdimento.