Opcións
Sinopse
A fotografía, como medio, sempre se prestou ao cuestionamento dos límites entre o público e o privado, ás exploracións que, desde o íntimo, acadan unha dimensión pública e política. Neste libro preténdese ampliar os relatos sobre fotografía en Galicia asumindo unhas coordenadas hoxe moi presentes na análise da arte e a cultura visual.
Presentamos unha hostoria plural e inclusiva da fotografía en Galicia a partir de textos que valoran as voces múltiples e que reivindican a importancia do xérno como categoría de analisé. Esta investigación colectiva reúne as voces de oito fotógrafas e investigadoras que asumen o cuestionamento e a necesidade de apliación do canon existente. Así mesmo, a presente publicación quere render homenaxe a Anna Turbau, cuxa derradeira entrevista aparce aquí recollida.
Jennifer Novoa Domíguez; María Gil Martínez; Olaia Sendón Ogando; Violeta Janeiro Alfageme; Miguel Anxo Rodríguez González; Andrea Costas Lago; Xosé M.Buxán Bran; Sabela Eiriz