Datos do libro

EDELMIRO MÉNDEZ (2ªED.). DA TERRA QUE FOMOS.
VV.AA.

  • Editora CANELA PRODUCIONS, EDITORIAL ETNOGRAFICA
  • Materia FOTOGRAFIA
  • Colección IMAXES DUN PAIS
  • EAN 9791399168006
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 276
  • Tamaño 225x230x20 mm.
  • Peso 1120 gr.
  • Data de lanzamento: 13/05/2026
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 35,00€

Sinopse


O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz na súa segunda edición
revisada, contén 226 fotografías das que 219 foron tiradas en branco e negro por Edelmiro
Méndez entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lugués da Pontenova, conformando un
conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que representa a sociedade local
tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas, cando iniciaba a transformación que se consolidaría
anos despois.
A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden o obxectivo
da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co fotógrafo, con quen mantiñan
unha relación próxima propiciada pola súa empatía e por ter exercido anteriormente como
zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo.
O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo rexistra desde o
nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas, romarías, xogos, divertimentos, vodas,
mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola, festivo, etc.
Completan a obra os textos de bos coñecedores do traballo fotográfico de Edelmiro Méndez,
como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior; José M. Salgado, fotógrafo profesional e editor
gráfico desta obra; Anxo Fernández Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente
na Universidade de Vigo, e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.

Libros de interés da mesma colección
A IDADE DO FERRO. UNHA TRADICION ENTRE GALICIA E ASTURIAS
27,95€ %
CARLOS VALCARCEL.FOTOGRAFIA ETNOGRAFICA 1960-1980
35,00€ %
HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO
35,00€ %
FINIS TERRAE
35,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
COVID-19
80,00€ %
18,00€ %
A PAISAXE E A SUA PEGADA
22,00€ %
EL PORTICO DE LA GLORIA UNA PELICULA RODADA EN PIEDRA
60,00€ %