Datos do libro

MEIRAS.UN PAZO,UN CAUDILLO,UN ESPOLIO (5ªED)
CARLOS BABIO;MANUEL PEREZ

  • Editora FUNDACION GALIZA SEMPRE
  • Materia ENSAIO
  • Colección VARIOS
  • EAN 9788493610098
  • Estado Normal
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 423
  • Tamaño 170x240x35 mm.
  • Peso 810
  • Data de lanzamento: 16/04/2021
Imp.incluídos 22,00€

Sinopse

Unha das imaxes que máis asociamos á ditadura de Franco é a da silueta do Pazo de Meirás . Residencia de verán do Xefe do Estado durante catro décadas , o edificio , construído pola escritora Emilia Pardo Bazán , chegaría ás mans do ditador nun proceso marcado polas coaccións e os abusos sobre unha poboación sometida ao aparello represivo do réxime . O presente volume estuda e documenta esrs procedementos e analiza a actuación das administracións en Meirás , co investimento continuado de fondos públicos nunha propiedade que , á morte de Franco , ficaría nas mans da súa familia . Un relato que vén a botar luz sobre unha historia que o franquismo nos transmitira en termos ben diferenes . O relato dun tempo que axuda a explicar , en boa medida , o noso presente .