Opcións
Sinopse
Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX , non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos . As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros , mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes . Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades , quer nos coros e agrupacións teatrais , na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos , no desemvolvemento editorial galego , na actividade política , no espallamento do ideal galeguista e republicano , na defensa da lingua , na escritura ... Alí estaban as mullleres galegas cuxas traxectorias se recollen neste libro ,para tentar cubrir un inxusto baleiro ....