Opcións
Sinopse
Escribir é fácil : só precisas poñer o corazón , a cabeza e o boli na mesma pota e adobalos cunhas cantas regras e saberes que , espero aprendas lendo estas páxinas , dirixidas a todas aquelas persoas - sen limite de idade - ás que lles guste escribir e ao profesorado de lingua - a quen este libro lle poida servir de axuda - . E tamén espero que ao rematar , sexas quen de escribir todo tipo de textos , desde pequeniños , como os haikus , as greguerías ou os aforismos , ata nanos e microrrelatos e ( por que no ? ) a túa novela . Desde esta contracuberta deséxoche moito ánimo no bonito camiño da escritura .