Opciones
Sinopsis
O cambio climático e o esgotamento dos recursos provocarán crises cada vez máis dramáticas se non reaccionamos con moita rapidez. A boa nova é que existen solucións e que non teñen que ser punitivas: ao contrario, poden permitirnos vivir mellor.
Apostar pola transición ecolóxica non significa propor un simple reverdecemento do sistema acutal, senón adoptar un novo modelo económico e social que rompa coa ditadura do PIB, un modelo que renove as nosas formas de consumir, producir, traballar e convivir; que favoreza o pracer, as relacións, o tempo libre; que permita e fomente a participación da cidadania.