Opciones
Sinopsis
Despois de “Un dous tres, que ves?” e “Un dous tres,
vampiro ti es” Nadia Budde preséntanos unha nova
proposta repleta de situacións disparatadas, xogos
de palabras e rimas delirantes. Nesta ocasión,
son os personaxes e obxectos asociados ao Nadal
en diferentes culturas os protagonistas dos seus
versos encadeados e cheos de ritmo: abetos, renos,
elfos, bonecos de mazapán, Quebranoces, Papá Noel,
os Reis Magos...
Un álbum de singular formato que nos proporcionará
diversión e aprendizaxe. Unha proposta para “cantar e
contar” que axudará a desenvolver a imaxinación
e a capacidade de comunicarse para prelectores
e primeiros lectores.