Opciones
Sinopsis
Un home que afirma que non cre no homo sapiens, pero si cre no mar e na poesía, decide facer unha viaxe solitaria, percorrendo os mares todos e desembarcando só en illas. Unha viaxe que será longa, como di Kavafis que hai que pedir que sexan todas as viaxes. Non importa o destino, só importa a propia viaxe. E levará como compañeiros aos escritores que escribiron libros que lle fan soñar e aprender. Tamén estará acompañado polos seres mariñeiros que irá atopando, e cos que conservará sobre libros e á procura dun mundo mellor, e sobre o importante que é soñar.
Todo o que aquí se conta é verdade, porque o navegante cre no que afirma Pessoa no Libro do desassossego: o soñado e tan verdadeiro como o vivido, e o que a mente é quen de imaxinar tamén é igualmente verdadeiro.