Opciones
Sinopsis
O Campus de Lagoas-Marcosende non é só un lugar de aprendizaxe: é tamén un espazo verde cheo de vida, onde as árbores contribúen ao equilibrio do entorno, ofrecendo sombra, aire limpo e refuxio para as aves e pequenos animais presentes na contorna. Esta guía convida a todos a descubrir a diversidade e a beleza da flora arbórea que nos acompaña día a día.
Cada árbore ten a súa propia historia: dende as que levan décadas acompañando a vida universitaria ata as máis recentes, plantadas para conservar e enriquecer a biodiversidade do campus. Nas páxinas desta guía atoparás información sinxela e clara sobre as especies máis representativas: a súa orixe a distribrución, as súas características máis destacables e os seus usos máis habituais. As fichas inclúen imaxes que facilitan a identificación das árbores no campo, facendo a exeperiencia máis práctica e visual.