Datos do libro

SACAPENAS
ANTHONY BROWNE

  • Editora KALANDRAKA
  • Materia PRIMEIROS LEITORES
  • Colección TRAS OS MONTES
  • EAN 9788484645856
  • Estado Disponible
  • Encadernación Cartoné
  • Páxinas 32
  • Tamaño 230x260x10 mm.
  • Peso 395 gr.
  • Data de lanzamento: 07/02/2025
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 17,00€

Sinopse

Un álbum clásico ideal para compartir e axudar a superar os medos e as preocupacións nunha nova edición acompañada dun boneco sacapenas de comercio xusto.
Tras unha das súas viaxes a México, Anthony Browne regálalle á súa nai unha caixa de bonecos sacapenas. Dende hai moito tempo, explícalle, os nenos de Guatemala fabrícanos con pauciños e restos de teas e cóntanlles as súas preocupacións antes de ir durmir. Logo colócanos debaixo da almofada para que as preocupacións desaparezan ao día seguinte. O regalo tivo efecto, pero unha mañá descubriu a súa nai de novo preocupada: perdera os seus bonecos sacapenas. Este feito real é o punto de partida dunha das obras más recoñecidas do autor británico, un relato no que un neno é capaz de superar os seus medos grazas aos sacapenas que lle regala a súa avoa.
De maneira deliberada, e tras investigar as preocupacións máis comúns na infancia, Browne decide utilizar elementos familiares (zapatos, nubes, sombreiros) para representar os medos do protagonista, acentuando a imposibilidade destes temores co uso do branco e do negro para resaltar a intriga e o irreal. Polo contrario, no resto da trama, na que están presentes os bonecos sacapenas e os momentos familiares, destaca o realismo, os detalles e as cores brillantes, ricas e vitais, que transmiten unha sensación de calma, nos que se observa a influencia das viaxes á América Latina, e que caracterizarán en diante a obra deste autor.

Libros de interés da mesma colección
PAULO ESTÁ DE MAL HUMOR (Galego)
16,00€ %
CORNELIO
16,00€ %
CONTOS DE RATIÑOS
16,00€ %
UN PESADELO NO MEU ARMARIO
16,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
O MEU COFRE DOS ANIMAIS
22,00€ %
O EMOCIONANTE DIA DE PITI O CARACOL
14,85€ %
A BURRA RAMONA
11,05€ %