Opcións
Sinopse
Tras un século baixo a protección da raíña Guiomar , as terras de Eabaca vense ameazadas polo aparición dun monstruoso cabalo e a chegada da Orcavella , unha criatura cun poder tal que ninguén lle pode facer fronte . Só cando a pandeireteira Aima decide acompañar a guerreira Tegra na súa viaxe polas catro parroquias do reino , a esperanza volve agromar . Non obstante , a súa misión non será doada , pois mouros , nubeiras , xans , luciñas e xente cativa terán que unir forzas se queren conservar a liberdade .