Opcións
Sinopse
O Dicionario do Galego do Bierzo xorde da necesidade de recoller e de recompilar nunha mesma obra o léxico que tantas persoas empregaron, e empregan sen moitas veces ser conscientes, ao longo da súa vida. Grazas ao pobo, hoxe en día, pódese gorzar de falas que contan con influencias de linguas próximas á comarca. O Bierzo destaca pola súa variedade lingüística debido á converxencia da lingua galega, propia e histórica da metade occidental, e da lingua leonesa, propia e histórica da metade oriental, ás que se superpuxo o castelán oficial. Debido á propia historia do Bierzo e á súa relación con Galicia, a lingua galega desempeña un papel moi significativo na fala do Bierzo.....