Opcións
Sinopse
Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero.
Marta Orriols demostra, unha vez máis, a súa habilidade para confeccionar personaxes inesquecibles e complexas. A súa ollada ao mundo actual volve ser precisa e cálida. Unha novela que se degusta coma unha bebida quente e balsámica.