Datos do libro

MEA CULPA
TOÑO NÚÑEZ

  • Editora MEDULIA EDITORIAL
  • Materia NARRATIVA
  • Colección NARRATIVA
  • EAN 9788410324084
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 221
  • Tamaño 210x140x15 mm.
  • Peso 255 gr.
  • Data de lanzamento: 15/05/2024
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 17,90€

Sinopse


“Nas narracións deste volume hai un habelencioso ganduxado do pouso que o coñecemento de literatura de tradición oral ten deixado en Toño Núñez e, ao tempo, permite entrever as súas lecturas devotas de autores admirados que, a modo de homenaxe, afloran nalgúns treitos evocados e mesmo emulados. Neste sentido, é inevitable a asociación con voces lucenses de recoñecido maxisterio e que, polos universos recreados, os asuntos tratados, as estéticas ensaiadas ou as espacializacións escolleitas resultaron modélicos para o de Vilameixide. Entre estas figuras é do caso amentar a Ánxel Fole, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Manuel María ou Álvaro Cunqueiro, todos eles posprocesados na escrita intuitiva, ecléctica e nada formalista de Toño Núñez.
Se ben a heteroxeneidade temática é evidente nestas páxinas, tamén o é a súa adscrición ao que son os grandes asuntos da literatura de todo tempo. Como xa sinalei, o vivencial, máis aínda, o experiencial é determinante no impulso da escrita do autor, o que explica que regrese unha e outra vez a narrar, convenientemente pasado pola peneira do imaxinativo, feitos e sucesos que o impactaron especialmente e deixaron marca indeleble nel”. Extracto do epílogo de Armando Requeixo.

Libros de interés da mesma colección
IRAN A POR TI
19,90€ %
PAVILLON DE REPOUSO
17,90€ %
OS TOLIÑOS MARIÑEIROS DA COSTA DA MORTE
15,00€ %
AMOR DE NAUFRAGO
12,48€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
MIGUEL STROGOFF
20,90€ %
19,10€ %
O TREVO DA SORTE
12,10€ %
COMO PAXARO CAIDO DO NIÑO
12,15€ %