Datos do libro

MEMORIAS DE CARA B
FERNANDO A. FERNÁNDEZ DOMONTE

  • Editora EDITORIAL ELVIRA
  • Materia RELATOS
  • Colección VARIOS
  • EAN 9788412992137
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 521
  • Tamaño 210x140x35 mm.
  • Peso 635 gr.
  • Data de lanzamento: 24/04/2025
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 24,00€

Sinopse

Nestas Memorias de Cara B reúnense vinte e cinco relatos, todos baseados en feitos reais, contados en primeira persoa por quen os viviu, ben como protagonista, actor secundario ou mera testemuña. Non se narran neles sucesos transcendentes, senón vivencias curiosas —cotiás ou sobrevidas— que lle poderían pasar a calquera. Pero o autor enxéñase para, dalgún xeito, converter en categoría o que semella unha sinxela anécdota, deixando ao descuberto a intrahistoria dun acontecemento, o inopinado carácter dun artista ou os latexos duns anos concretos.
Dado o seu estilo claro e directo, este libro resulta de fácil lectura, ao que contribúe de maneira decisiva o seu gusto literario e o fino humor que se albisca a cada pouco.
Atravesando o espello, asoman a estas páxinas citados polos seus nomes e apelidos, personaxes do máis diverso. Entre eles, coñecidos pintores, escritores, músicos ou actrices e actores, como Laxeiro, Fernando Zobel, Xosé Guillermo, Blanco Amor, Méndez Ferrín, José Afonso, Georges Moustaki, Dorotea Bárcena, José Luis Gómez, Gloria Muñoz ou Manuel Manquiña. E ata algún que outro singular taberneiro, como o célebre Elixio, que foi queimador maior de Galicia.
Calquera pode topar nestes relatos —sen ningunha outra pretensión— o deleitoso pracer da lectura, porque Fernando A. Fernández Domonte é un gran contador de historias. Pero abofé que moitos serán quen se conmovan ao sentilos como experiencia propia.

Libros de interés da mesma colección
ESCOLMA ABERTA
30,00€ %
1598: LA PESTE EN VIGO
17,00€ %
LIBRO DOS LUGARES 2
27,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
ANDAINAS DUN MUSICO NO RURAL
15,00€ %
B.S.O BANDA SONORA ORIXINAL
17,00€ %
OS NOMES DO VENTO
17,00€ %
BICA DE MONTOUTO (CONCURSO BALBINO)
17,00€ %