Datos do libro

NON É UNHA CAIXA É UNHA CIDADE
ANTOINETTE PORTIS

  • Editora KALANDRAKA
  • Materia PRIMEIROS LEITORES
  • Colección DEMADEMORA
  • EAN 9788413433684
  • Estado Disponible
  • Encadernación Cartoné
  • Páxinas 40
  • Tamaño 220x220x10 mm.
  • Data de lanzamento: 09/05/2025
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 14,00€

Sinopse

Tras “Non é unha caixa”, un novo álbum de Antoinette Portis sobre o valor da creatividade, a colaboración e o traballo en equipo.
O pequeno coello quere construír unha cidade de cartón. Amorea unha caixa enriba doutra e non quere axuda de ninguén: nin da alta xirafa nin das pequenas e fortes formigas, nin sequera do camaleón, excelente pintor. Pero que é unha cidade de cartón sen amigos?
Escrito e ilustrado coa mesma encantadora simplicidade que fixo de “Non é unha caixa” un éxito internacional, as imaxes de Antoinette Portis, compostas por figuras debuxadas a man e anacos de caixas recicladas de diversos tamaños, están cheas de detalles: edificios de equilibrios imposibles, ringleiras de pequenas formigas que transportan caldeiros de pintura, rechamantes cores a medida que o cartón se pinta, se corta e se pega formando un divertido conxunto urbano... Finalmente, “a miña cidade” convértese en “a nosa cidade!”, na que todos os veciños construtores saúdan dende as xanelas.
Un álbum que pon de novo en valor a creatividade infantil e as infinitas posibilidades de xogo cunhas simples caixas de cartón fronte aos actuais e sofisticados xoguetes electrónicos. Unha historia que enxalza a amizade, a solidariedade e o traballo creativo en equipo.

Libros de interés da mesma colección
CATARINA E O OSO, SEN RUMBO POLO MUNDO
14,00€ %
GATO GUILLE E OS MONSTROS
14,00€ %
PACO (GALEGO)
14,00€ %
DINOSAURIO BELISARIO
13,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
O MEU COFRE DOS ANIMAIS
22,00€ %
O EMOCIONANTE DIA DE PITI O CARACOL
14,85€ %
A BURRA RAMONA
11,05€ %