Datos do libro

UN SOCIALISMO PROPIO: O COOPERATIVISMO NO BEIRAS MOZO
XOSÉ MANUEL BEIRAS; CARLOS CALVO VARELA

  • Editora COMPANHA EDITORA
  • Materia ENSAIO E INVESTIGACIÓN
  • Colección Em Selecta
  • EAN 9791399052848
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 192
  • Tamaño 230x140x11 mm.
  • Peso 330 gr.
  • Data de lanzamento: 16/10/2025
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 20,00€

Sinopse


En 1959 un mozo Xosé Manuel Beiras publica os seus dous primeiros traballos científicos na recén creada Revista de Economía de Galicia. Durante o último curso en París frecuentara asiduamente o fondo nórdico da Bibliothèque Sainte-Geneviève e os seminarios do especialista en economía cooperativista Georges Lasserre. Esta nova bagaxe teórica moderna xunto co acopio de material empírico, conxugada coas conversas que desde adolescente viña mantendo con Cruz Gallástegui, permítenlle culminar o programa máis acabado teoricamente da proposta económica clásica do Partido Galeguista: o cooperativismo de base agropecuaria inspirado no modelo danés. Unha «utopía real», como diría Erik O. Wright, descrita por Castelao con todo o colorismo: «Vexo pazos para albergar as Cooperativas, mellores que en Dinamarca».

Agora, no Ano Internacional das Cooperativas, publicamos de novo estes textos, traducidos ao galego e cun estudo introdutorio dos primeiros anos de formación política e intelectual de Xosé Manuel Beiras.

Libros de interés da mesma colección
20,00€ %
CRÓNICA DA GALIZA
15,00€ %
A HISTÓRIA DA LUZ
15,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
TRADICIÓN ORAL RECUPERADA DAS TEBRAS
19,90€ %
LA ECONOMÍA MERCANTIL ESPAÑOLA
20,00€ %
BREVE HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN DO GALEGO
14,00€ %
18,00€ %