Opciones
Sinopsis
Este proxecto naceu e medrou sempre cunha dobre finalidade ; en primeiro lugar , cultural e artística , pois se trata dun traballo eminentemente creativo , onde se mesturan disciplinas relacionadas coa poesía , o video , a pintura , a fotografía e a música . O punto de partida sobre o que se sustenta esta proposta é un poemario aberto á hibridación de diversos medios de expresión , pero cunha temática única , clara e definida : a enfermidade mental . Esta edición recolle sete composicións , cinco delas en versión dobre para , entre outros obxetivos , facilitar a adaptación musical de Miro Casabella , o autor da banda sonora do documental que complementa este libro , unha curtometraxe de Aser -lvarez para Arraianos Producións co montaxe de Antón Ramos . Pero , ademais da dimensión artística , este proxecto ten unha dimensión social moi vinculada ao ámbito da saúde mental e ao seu proceso de superación , un termo , este de superación que en psiquiatría non equivale a curación , senón a prevención , normalización , recuperación e integración , un proceso que aquí se materializa nun caso concreto , o de Antonio Tizón , que biografía sen eufemismos , con sinceridade , o trastorno bipolar que padece . E ofrécenos a súa testemuña coa intención de que resulte estética e utilitaria á vez , unha historia de superación contada para el mesmo , para todas aquelas persoas que son coma el e para a sociedade enteira .